Embaixadores mozos de Vilagarcía en Polonia

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

O alcalde recibiu aos alumnos e profesores do Cotarelo que regresaron do seu intercambio en Zabrze

19 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Seis alumnos e tres profesores do instituto Armando Cotarelo Valledor veñen de regresar da localidade polaca de Zabrze, onde participaron no programa europeo de intercambio educativo Learning to Learn. Fixérono levando sudadeiras coa imaxe do Concello, que sufragou as prendas para que as luciran na viaxe publicitando o municipio.