As Letras Galegas de Carballo saen á rúa e viaxan ás parroquias

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

A Banda Municipal volverá ofrecer un concerto o 17, un ano máis
A Banda Municipal volverá ofrecer un concerto o 17, un ano máis BASILIO BELLO

Presentada a programación conmemorativa do 17 de maio, que irá moito máis alá do propio día 

03 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Presentou este xoves o Concello de Carballo o seu programa das Letras. A xornada do 17 será, obviamente, a de maior peso, unhas Letras na Rúa que no caso de choiva mudarían ao mercado. No xardín municipal, ás 11.00 horas, abrirá o día a Banda Municipal de Gaitas, logo en pasarrúas. Manuela Varela con «As verbas de Luísa», o concurso infantil de pintura e debuxo Luís Calvo organizado por Lumieira, Pablo Díaz con «Canta música» (12.00 horas) e a actuación da Banda de Música do Conservatorio (rúa Coruña, 13.00) completan a velada.

O programa das Letras, non obstante, comezará moito antes, e seguirá moito despois:

Sábado 4 • Final do concurso de solistas do Conservatorio. Ás 17.00, no Pazo.

Xoves 9 • Proxección do documental «O auto das ánimas». No Pazo, ás 20.30.

Venres 10 • Concerto da Banda Infantil de Música do Conservatorio: centro social de Ardaña, ás 19.00 horas. Ás 21.00 horas, no Pazo, Concerto das Letras «De não saber o que me espera», cos artistas Nacho, Faia e Lar.

Sábado 11 • Encontros Culturais de Arume: «Foliada dos cativos», no centro social de Berdillo, ás 18.00. Organiza Asoc. Xuvenil Arume.

Mércores 15 • Contacontos cos Ratos de Lonxedetodo, na biblioteca Rego da Balsa, ás 17.30 e 18.30 horas.

Domingo 19 • Presentación literaria con Marta Villar e concerto de Marta Méndez, no centro social de Cances (18.00). Organiza San Campio.

Xoves 23 • Visita guiada á exposición do certame fotográfico Xosé Manuel Eirís, con Ángel Cordero: 19.30 horas.

Venres 24 • Tres obras con Vagalume Animación, no Pazo da Cultura, ás 20.00.

Sábado 25 • Encontro de acordeóns no centro social de Berdillo, ás 17.00. Organiza a asociación cultural Arume. No Pazo, ás 20.00, dúas novas obras teatrais con Vagalume. Ás 19.30, na Rego da Balsa, nova cita do Curruncho Pop.

Domingo 26 • Ás 18.00, no Pazo, máis Vagalume.

Xoves 30 • Concerto de vento metal do CMUS, en A Imende, ás 19.00 horas.

Venres 7 xuño• Aula Municipal de Teatro, ás 21.00 horas, no Pazo da Cultura.