«Hai que crear emprego e manter servizos sociais»

Emma araújo SANTIAGO / LA VOZ

SANTIAGO

05 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Manuel Taboada Vigo é un dos alcaldes máis veteranos da área metropolitana de Santiago, aínda que nos oito primeiros anos da súa actividades política foi tenente de alcalde (1987-1995). Agora aspira a revalidar o cargo de novo con maioría absoluta.

-Tanto no seu caso como no de outros alcaldes de Compostela é inevitable preguntar pola posibilidade de renovación.

-O debate está aí, pero o que eu teño que dicir é que son os veciños os que cada catro teñen que facer as renovacións. E hai xente que en poucos anos pode estragar as cousas e outros que en máis tempo levan a cabo moitos proxectos.

-Despois de tantos anos de goberno, ¿que propostas inclúe no seu programa para o vindeiro mandato?

-En época de crise hai que facer todo o posible para crear emprego. Esa é unha das nosas prioridades sempre mantendo sos servizos sociais. A Consellería de Cultura está a elaborar un novo itinerario do Camiño de Santiago, que é o que está paralizando o noso polígono. Parece que xa remataron coas alegacións dos concellos, que son once e que cara ao verán vai saír este novo trazado. Cando esté, o polígono industrial de O Pino vai quedar desbloqueado.

-O Pino é un dos concellos da área metropolitana que perde poboación. ¿Que se pode facer para frear esta perda?

-Hai concellos da comarca de Santiago que teñen máis problemas demográficos que nós, porque creo que no último ano só perdemos dous veciños. O asentamento da poboación está moi relacionado co que falaba do polígono industrial. O reto é asentar poboación creando emprego no polígono, para que os nosos mozos non teñan que ir traballar a Santiago podendo facelo en O Pino.

-¿Con que se queda do feito nestes anos?

-Penso que cumprimos co programa e, ademais, organismos como a Deputación e o Goberno central déronnos a calificación en varios informes oficiais de excelente na xestión porque fixemos máis con menos e sen hipotecar ao Concello, porque se o fas así estás hipotecando aos teus veciños.

Manuel taboada vigo alcalde e candidato do pp

Manuel Taboada tiene 45 años. Casado y con dos hijos, es autónomo. Entre sus aficiones destaca el senderismo, la caza y la pesca.

Teniente de alcalde entre 1987 y 1995. Desde entonces es alcalde, siempre con mayoría absoluta.